sábado, 9 de marzo de 2024

HOMENAJE AL BRASILEIRO. ORGANIZADOR: NOVA ESCOLA GALEGA. El 6 de Mayo del año 2023.







Hermoso aspecto de su túmulo
                           Fotografía de un grupo de asistentes al acto
O BRASILEIRO Noitebra de luces e sombras esvaradias dunhas nubes que fuxian con prontitude. O vento murmuraba e peiteaba nunha noite de estrelas, luminarias que no seu resplandor deixaban bágoas nas ramas das árboles. Afastados no sixilo, unha manada de lobos, conspiraban imbuidos dende a covardia desprezable do ser humano. Rachou o silencio; unha, duas… quizais tres detonacións… derradeira inspiración, parálise da vida axconllada pola sorpresa dun estoupido na noite. O BRASILEIRO imaxinaciòn… Goza dende o seu xardin colectivo de estrelas, disfruta da súa fantasía. No futuro dun partido Comunista, sen conspiracións nin traizóns entre os seus. Tamén na súa muller, na profunda soidade, viúva dun roxo, apestada e oculta tras as engurras dun pobo. Mais, xa non é quen de visualizar, de ver con claridade aquel neno de tenra idade, con ollos de inocencia que sempre o despedia cunha interminable aperta. Pode que ese neno, "Tuin" inocente na ausencia de información, sexa quen de ser feliz, de conseguir acadar a madurez e ser un home de éxito, aínda que sempre marcado pola pegada dunha incógnita, un pai ausente entre as tebras e murmuracións de flora e fauna nas ondas do ar. Mesmo é probable que se esqueza do paí desaparecido. Aínda que sempre cargará co xugo insoportable da súa ausencia, unha negra fochanca de espectro masculino co que nunca puido convivir e chamar polo seu nome. Porén, o ser humano na maioria das ocasións logra sobrepoñerse a inimaxinables traumas, e seguir na encrucillada dunha vida de normalidade. O Brasileiro soñador, home de ideais, fiel a unha ideoloxia, traizoado por aqueles que compartían as mesmas ideas segue ai no trasmundo, soñando cunha sociedade xusta e de respecto pola vida. Do seu legado queda na historia unha aprendizaxe de profunda e intensa dor, a escuridade dunha guerra entre irmáns que transformou a persoas sinxelas e boas en asesinos despiadados. Para as novas xeracións toda unha lección que debe ser recollida coa humildade das mentes flexibles, para que a noitebra da inxustiza non volva campar sobre as nosas cabezas axconlladas polo terror. 

 Xosé M Lobato